i.uve.a.ene

Porque siempre hay algo que contar

Estupidez nas aulas

leave a comment »

I I I I I I I I I I I I I I I ! I I I I I INon fai moito tiven a oportunidade de ir a unha reunión da ANPA do cole da miña nena. A primeira. Para aqueles que, coma min, sexades un pouquiño velloucos —aínda que non demasiado— ó mellor téñovos que explicar que é iso da ANPA. Non é outra cousa máis que a APA de toda a vida, é dicir: Asociación de Pais de Alumnos.

Non teño moi claro cando pasou a chamarse ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnos) xa que vai xa tempo que deixei o instituto e tiven que ocupa-la mente en outras tonterías, pero semella que a cousa é algo máis ou menos oficial tendo en conta a cantidade de referencias que hai nos DOG e outros documentos. A estupidez semella unha enfermidade moi contaxiosa.

Descoñezo as razóns oficiais do porqué de meterlle ese N polo medio. Se cadra os manexos dalguhna destas asociacións —coma nos tempos do vello Al Capone— levaron a este cambio de denominación tendo en conta as similitudes na fala pero sospeito que as razóns veñen sendo ben distintas.

Non hai dúbida que, por unha banda, se trata dunha liberación do sexo débil —estráñame que aínda non se lle chame xénero débil, pero isa é outra historia (ou non) da que se ten falado moito como para que eu teña algo interesante que aportar—, ese sexo asoballado, aldraxado constantemente que se ve por fin liberado e elevado os altares gracias a inclusión dun simple N nunha palabriña de nada. Por outro lado, ese N, pequerrecho e mangallón, leva consigo unha pequena distinción. É que, no meu tempo, dicíase APA (Asociación de Padres de Alumnos) pero non APA (Asociación de Pais de Alumnos) que non é o mesmo pero é igual. A partires de agora xa non hai dúbida: o uso dunha ou outra sigla constitúe un sinal de identidade sen fendas que se debe defender ata a propia morte… ou máis alá.

Pero

Todo isto está moi ben. Sobre todo cando se trata da educación dos nosos fillos. Non hai nada como dar exemplo e levar ós rapaciños polo bo camiño xa desde o comezo, moi ben, para que non se torzan. Non vou ser eu quen lle discuta a todos estes mamalóns (e agora non estou falando dos pequechos) que a palabra «pais» representa tanto os de sexo feminino coma os de masculino. Faltaría máis. Ademáis, xa digo que de eso xa se ten falado moito e, por máis que se falara, estes ían seguir facendo o que lles pete.

De feito, coido que teríamos que poñer máis énfase nesa distinción. Xa que eses lingüísticos sen compaixón, estúpidos e escuros din que a palabra «pais» inclue tamén as nais, deberíamos deixar claro que ese «pais» refírese só ós homes e non ás mulleres. Máis que nada para que non haxa confusión. Teríamos, por tanto, as ANP(H)A: Asociación de Nais e Pais (Homes) de Alumnos.

O que ocorre é que eu vexo unha pequena asimetría nesta nova denominación (digo nova para min porque seguro que leva anos connosco). Estamos, efectivamente, liberando a esas nais sufridoras que teñen que levar os nenos ó cole nos ratos libres que teñen mentres limpan a casa para tela reluciente á espera do home da casa que foi gaña-los cartos co suor da súa fronte e chega o fogar cunha fame do demo para sentarse a come-lo pratiño que humildemente lle pon a dona na mesa. Pero, que ocorre cos nenos? é que ninguén pensa nos nenos?

Como é posible que non se faga referencia explícita ás alumnas? Eu, como pai dunha nena, non me podo sentir representado por esa asociación. É abraiante que ninguén se dera conta dese erro flagrante.

Denuncio por tanto este problema para que sexa resolto de inmediato: se un é estúpido, é estúpido ata as últimas consecuencias. O nome correcto debería ser ANP(H)AA (Asociación de Nais e Pais (Homes) de Alumnas e Alumnos). As mulleres diante, iso por suposto, porque somos modernos pero non tanto.

A cousa xa pinta moito mellor… un momento, un momento. Mecaghonatos! case nos olvidamos deses sufridos pais (ía poñer tamén «e nais» pero é que sonche un pouco preguiceiro) que poñen todo o seu amor e atención no coidado deses nenos desvalidos que non teñen pais de seu: os titores. Como nos puidemos esquecer dos titores?! Por suposto (iso xa caía de caixón) coa distinción pertinente. Propoño, por tanto una nova modificación: ANP(H)TTAA, Asociación de Nais, Pais (Homes), Titoras e Titores de Alumnas e Alumnos.

So hai un problemiña de nada. Iso non hai que o lea. Por sorte, un pequeno cambio estético pode transformar este enredo nun termo maís apropiado: ANPHeTAA (Asociacións de Nais, Pais (Homes) e Titoras/es de Alumnas e Alumnos.

Ah!! iso si que si. Unha palabra doada de pronunciar e, aínda por riba, moi apropiada no entorno escolar, coñecida por todos e que fai que sexa, sen ningún lugar a dúbidas, motivo de orgullo para todos pertencer a ela. Todo sexa pola honra da nosa querida língua. Aquí queda a miña proposta. Señores gobernantes e gobernantas, xa saben o que lles toca.

Imaxe: I I I I I I I I I I I I I I I ! I I I I I I. CC por Ol.v!er [H2vPk] [pKmaO]

Written by iuveaene

13.octubre.2008 (Lunes) a 11:38

Publicado en Cosas que (me) pasan, Idiomas

Tagged with , , ,

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: